nwcshg

Xunta de Galicia

Plano de estudos

certificado estudios019 materias - 1.925 horas

  • Prácticas Operativas do departamento de Alimentos e Bebidas. (20 ETCS - 500 horas)
  • Organización Operativa do departamento de Alimentos e Bebidas. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Fundamentos e Recursos en Enoloxía e outras Bebidas. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Hixiene, Nutrición e Dietética. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Psicoloxía, Comunicación e Habilidades Interpersoais. (6 ETCS - 150 horas)
  • Matemáticas Aplicadas á Xestión. (6 ETCS - 150 horas)
  • Alemán I/ Francés I. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Inglés Empresarial I. (6 ETCS - 150 horas)
  • As TIC aplicadas á Xestión Empresarial I. (4 ETCS - 100 horas)
  • Prácticas en empresas. (17 ETCS - 425 horas /12 semanas)

certificado estudios0210 materias e 1.925 horas

  • Lexislación e Fiscalidade Empresarial.(6 ETCS - 150 horas)
  • Economía Turística. (6 ETCS - 150 horas)
  • Estadística Aplicada ao Turismo. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Introdución ao Marketing Turístico. (6 ETCS - 150 horas)
  • Operacións de Recepción. (6 ETCS - 150 horas)
  • Rexedoría de pisos. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Contabilidade Empresarial. (9 ETCS - 225 horas)
  • Alemán II / Francés II. (6 ETCS - 150 horas)
  • Inglés Empresarial II.(6 ETCS - 150 horas)
  • As TIC aplicadas á Xestión Empresarial II. (6 ETCS - 150 horas)
  • Prácticas en empresas. (17 ETCS - 425 horas / 12 semanas)

certificado estudios039 materias e 1.663 horas

  • Xestión de Alimentos e Bebidas.(6 ETCS - 150 horas)
  • Xestión de Aloxamento e Innovación Hoteleira. (6 ETCS - 150 horas)
  • Xestión de Recursos Humanos. (6 ETCS - 150 horas)
  • Xestión e Organización de Empresas Hoteleiras. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Revenue Management (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Marketing e Comunicación Hoteleira. (6 ETCS - 150 horas)
  • Contabilidade aplicada á Xestión Hoteleira. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Alemán III / Francés III. (6 ETCS - 150 horas)
  • Inglés Empresarial III. (6 ETCS - 150 horas)
  • Prácticas en empresas.(17 ETCS - 425 horas / 12 semanas)

 

certificado estudios017 obrigatorias + 2 optativas + proxecto 2.088 horas

  • Alemán / Francés IV. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Inglés Empresarial IV. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Dirección de Marketing Hoteleiro. (9 ETCS - 225 horas)
  • Dirección de RRHH e Habilidades Directivas. (6 ETCS - 150 horas)
  • Dirección Económica de Empresas Hoteleiras. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Control Interno. (4,5 ETCS - 113 horas)
  • Análise e Xestión de Custos. (4,5 ETCS - 113 horas)

MATERIAS OPTATIVAS ( a escoller 2)

  • Xestión de Calidade e Medio Ambiente. (3 ETCS - 75 horas)
  • Ética Profesional e Responsabilidade Social Corporativa. (3 ETCS - 75 horas)
  • Métodos de Investigación en Turismo. (3 ETCS - 75 horas)
  • Fiscalidade de empresas hoteleiras. (3 ETCS - 75 horas)
  • Dirección Estratéxica de empresas hoteleiras. (3 ETCS - 75 horas)
  • Relacións Públicas e Xestión de Eventos. (3 ETCS - 75 horas)

PROXECTO FIN TITULACIÓN (9 ETCS - 225 horas)

Prácticas en empresas. (31 ETCS - 775 horas / 22 semanas)

 

A estancia nas empresas é unha parte importante da formación do CSHG e forma parte do expediente académico. O obxectivo principal é que o alumno/a coñeza en profundidade os departamentos operativos (Servizos, Cociña e Aloxamento), de xestión de hoteis e doutros negocios do sector, perciba a realidade do sector e poña en práctica os coñecementos adquiridos para adaptalos á realidade hosteleira.

O alumno/a farás prácticas titorizadas en hoteis e outros establecementos cada ano nos seguintes departamentos:

  • Primeiro: Servizos e Cociña
  • Segundo: Aloxamento
  • Terceiro: Dirección de Departamentos
  • Cuarto: Adxunto á Dirección

Desde o departamento de Stage orientan ao alumno/a sobre as prácticas. É recomendable que faga prácticas en diferentes tipos de hoteis (vacacional, urbano, boutique hotel, rural, de congresos...) e podes realizar algún dos períodos no estranxeiro. O desenvolvemento dos stages é progresivo. Cada ano, o alumno/a acumula experiencias que lle axudan a ter unha visión global do negocio.

O alumno/a profundizará nos coñecementos do departamento de Alimentos e Bebidas que lle servirán como fundamento para supervisar os traballos específicos de restaurante e cafetería nunha industria hosteleira. Esta materia práctica dota de habilidades e coñecementos suficientes para desempeñar postos de responsabilidade no sector hosteleiro aplicando correctamente as técnicas aprendidas en restaurante, cafetería, servizo de buffet, servizo de banquetes e cuartos. É unha materia dinámica, de contacto co cliente e participativa que potencia as relacións interpersonais.

O futuro profesional estará estreitamente ligado ao mundo da cociña, que se traballa na hostelería mundial. Como directivo, debe estar preparado para saber afrontar e tomar decisións que estén relacionadas con este departamento, desde a contratación dun xefe de cociña ata a autorización de compra de maquinaria, así como o coñecemento de técnicas culinarias, produtos... Atendendo a esta filosofía, ensinarase ao estudante a realizar labores de cociña e repostería.

Recepción é o primeiro e o último lugar de contacto co cliente dentro do hotel. De aquí leva a súa primeira e última impresión, sendo a que máis lembra. É o nexo de unión dos diferentes departamentos do hotel co cliente. O que implica que terá información de primeira man para detectar puntos críticos ou poñer en marcha accións, sen esquecer o labor comercial. A figura de xefe de recepción é unha das opcións existentes para o crecemento profesional. Xunto coas materias Rexedoría de pisos, Xestión Hoteleira e Técnicas de Instalacións, constitúe o bloque formativo de Aloxamento, o terceiro gran departamento dun establecemento hosteleiro xunto con Servizos e Cociña. O alumno/a desempeñará as funcións de recepcionista e de xestor de negocio na procura de rendibilidade vinculada á satisfacción do cliente.

Aquí o alumno comeza a ver as responsabilidades e o día a día da xestión dun departamento dentro do hotel, Alimentos e Bebidas, Aloxamento, Administración, Comercial, Revenue, entre outros, xiran en torno ás operacións que sosteñen a xestión dun hotel. Previsións de clientes, stocks e aprovisionamentos, administración de reservas, maximización das vendas, coordinanción de gobernantas, organización de eventos... son moitas das tarefas que desenvolverá e nas que participará durante o seu stage.

Aquí neste ano trátase de poñer en práctica todo o aprendido grazas a que ten unha visión global de negocio, é o obxectivo do stage. A estas alturas, o alumno/a sabe como funcionan os diferentes engranaxes dun negocio hosteleiro e é capaz de liderar e organizar equipos. As súas prácticas intenraranse que se  enfoquen á realización de tarefas específicas do director do hotel.

Vostede está aquí: Inicio Formación Diploma Superior en Xestión Hoteleira Plano de estudos