nwcshg

Xunta de Galicia

Requerimentos e Admisión

Requisitos Académicos

Candidatos que proveñen do sistema educativo español.

 É preciso cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

  • Ter superado os estudos de COU ou bacharelato e as probas de acceso á universidade (PAAU). 
  • Ter superado un ciclo formativo de grao superior
  • Dispor dun título universitario homologado
  • Ter superado a proba de acceso para maiores de 25 anos
  • Se cursou os estudos nun colexio en España cun sistema educativo propio dun país membro da Unión Europea (que non sexa España), deberá solicitar unha credencial á Universidade Nacional a Distancia (UNED) conforme cumpre cos requirimentos para acceder aos estudos universitarios (máis información en www.uned.es/acceso UE).

Candidatos estranxeiros da Unión Europea (sistema educativo dun país da UE que non sexa España).

É preciso:

  • Ter superado o equivalente no sistema educativo do país de orixe ao segundo de bacharelato español ou que teña o bacharelato internacional
  • Se cursou o bacharelato nalgún dos países nos que se indica no documento da UNED, non é necesario realizar a selectividade española sempre que cumpra cos requisitos necesarios para acceder aos estudos universitarios do país de orixe. Deberás solicitar á Universidade Nacional a Distancia (UNED) unha credencial conforme cumpre cos requisitos para acceder aos estudos universitarios (máis información en www.uned.es/acceso UE)

 

Candidatos estranxeiros – resto do mundo (sistema educativo dun país que non pertenza á UE).

É preciso:

  • Ter superado o equivalente no sistema educativo de orixe ao segundo de bacharelato español
  • Solicitar a homologación dos estudos preuniversitarios. Na web do Ministerio de Educación y Ciencia, atópanse os países que requiren esta homologación, os pasos a seguir e a documentación a presentar. Ten en conta que o proceso de homologación pode tardar aproximadamente tres meses en realizarse.
  • Realizar o exame de Selectividade (más información na web de a UNED).


Probas de acceso propias

A persoa que queira estudiar o Diploma Superior en Xestión Hoteleira debe superar unhas probas de acceso propias do CSHG. A inscrición pode facerse aquí. As probas consisten en:

  • Unha proba de inglés (eliminatoria).
  • Unha proba de cálculo matemático da opción de Ciencias Sociais de 2º de bacharelato (eliminatoria).
  • Un test aptitudinal.
  • Unha entrevista persoal.


Reserva de Praza

Unha vez realizadas as probas, o candidato pode atoparse nunha das seguintes situacións:

  • 1.- Cumpre todos os requisitos e está admitido: o CSHG enviaralle o formulario de reserva de praza
  • 2.- Superou as probas de acceso, pero está pendente de acreditar os estudos e/ou convalidacións requeridas: o CSHG comunicaralle a súa admisión CONDICIONADA a que acredite os requisitos.
  • 3.- Non foi admitido: o CSHG comunicarallo por escrito.
  • 4.- Está en lista de espera. Os resultados das probas foron satisfactorios pero non hay prazas dispoñibles e o candidato queda á espera de que se produza unah vacante. Nese caso o CSHG comunicarallo coa maior brevidade posible.

Os candidatos poderán presentarse UNHA SOA VEZ POR ANO ás probas de acceso. EN NINGÚN CASO conservaranse os resultados das probas dun curso académico para o seguinte.

Para realizar as probas, o aspirante debe inscribirse previamente enviando o formulario de preinscrición debidamente cuberto.
As probas realízanse entre os meses de febreiro e setembro (exceptuando o mes de agosto).

Vostede está aquí: Inicio Formación Diploma Superior en Xestión Hoteleira Requerimentos & Admisión