nwcshg

Xunta de Galicia

10 razóns para vir ao CSHG

01

Método

Unha formación adaptada á realidade do sector turístico, que combina a teoría e a práctica ao 50% e que ofrece prácticas todos os anos en empresas. Isto permite ao alumno acceder ao mercado laboral con garantías de desenvolver o seu traballo en condicións idóneas e adapatarse ás esixencias de calquera posto..

02

Profesorado

O alumno conta con docentes cunha formación ampla e experiencia contrastada a nivel internacional.

03

Instalacións

O CSHG dispón dun campus de 54.000 metros cadrados e cinco edificios operativos con aulas dotadas de equipamento de última xeración que facilitan ao alumno asimilar a formación.

04

Saídas Profesionais

O 85% dos titulados acceden ao mercado laboral no sector hoteleiro e turístico nos 8 meses seguintes á finalización dos estudos.

05

Prácticas no Centro

De abaixo a arriba, o alumno adquire as competencias e habilidades das profesións de camareiro, cociñeiro, recepcionista, directivo e director durante as prácticas no CSHG. Convértese nun profesional polivalente que sabe o que necesita cada traballador.

06

Prácticas en empresas

Facer prácticas cada ano en hoteis de todo o mundo é o complemento ideal á formación recibida no CSHG. O alumno pode desenvolver as habilidades e competencias adquiridas e dáse a coñecer no mercado laboral.

07

Bolsas e Financiación

Os alumnos con menos ingresos ou con mellores expedientes teñen bolsa. É un de cada 7 alumnos. É posible realizar o pagamento fraccionado da matrícula grazas a acordos con entidades bancarias.

08

Proxectos

Empresas, organizacións e institucións aproveítanse da experiencia e o know how do equipo docente e dos 2.000 titulados do CSHG. O Departamento de Consultoría e Formación xestiona proxectos e ofrece asesoramento a nivel internacional coa axuda e colaboración de antigos alumnos.

09

Clube de Antigos Alumnos

O CAA ofrece asesoramento aos alumnos para acceder ao mercado laboral, manexa máis de 1.000 ofertas de emprego ao ano a través da súa páxina web, organiza workshops, cursos de formación e edita unha revista sectorial.

10

Prestixio e recoñecemento do sector

As principais cadeas hoteleiras e empresas turísticas do mundo avalan o noso método: os alumnos e antigos alumnos do CSHG traballan en empresas en 90 países.

Vostede está aquí: Inicio Formación + Información de interese 10 razones para vir ao CSHG