Bolsas e Financiamento
Bolsas
Todos os anos, a Axencia de Turismo de Galicia convoca o plan de bolsas do CSHG que pretende facilitar o acceso aos alumnos con menos recursos e premiar aos alumnos máis sobresaíntes. En total, repártense 21 novas bolsas en varias modalidades para alumnos novos:
- Bolsas de matrícula para novos alumnos de Diploma Superior de Xestión Hoteleira (18) e Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña (3). Puntúan os ingresos familiares nun 60% e o expediente académico (BAC + PAAU ou Ciclo Formativo Superior) nun 40%.
As bolsas cubren desde un 80% a un 50% da matrícula en réxime externo.
As bolsas de matrícula renovaranse automáticamente cada curso, ata finalizar a titulación, sempre que o alumno pase ao seguinte curso e as condicións económicas no superen os límites das bases da convocatoria. As bolsas de excelencia renóvanse se o bolseiro supera nun 20% a nota media do seu curso.
Toda a información e las bases da convocatoria poden obterse no seguinte enlace e ó acceso directo formulario aquí están disponibles en la sede electrónica de la Xunta, con el siguiente número de procedimiento TU200A.
Listados:
http://www.cshg.es/documentos/PropostaProv201920Cas.pdf
Listado provisioro de concesión de bolsas na convocatoria 2019-20
Listado definitvo de solicitantes de bolsa excluídos/as e admitidos/as na convocatoria 2019-20
Listado provisorio de solicitantes de bolsa excluídos/as e admitidos/as na convocatoria 2019-20
Exencións
Hai varios casos no que o alumno/a queda exento de pagar a matrícula de forma total ou parcial.
Familias numerosas de carácter especial ten unha exención do 100% e de carácter xeral do 50%
Matrícula de honra no bacharelato , exención do 100% da primeira matrícula da titulación
O alumno/a con discapacidade igual ou superior ao 33% está exento do pago
Víctimas de actos terroristas e violencia de xénero, exentos ao 100%
Financiación
O CSHG dispón da posibiliade de fraccionar o pago. O primeiro pago faríase no momento da matrícula e o seguinte en xaneiro do ano próximo.