nwcshg

Xunta de Galicia

Projects Diploma de Gastronomía fin de titulación 2016/17

Este ano diante dunha comisión de profesores presentáronse 4 proxectos de Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.


Os alumnos de 2º curso de Diploma de Gastronomía implementarán os seus proxectos fin de carreira no restaurante á carta do CSHG. Farano organizados en catro grupos, co desenvolvemento e posta en marcha de propostas originais e modelos de negocio de restauración que eles mesmos deseñaron e que verán a luz a partir da próxima semana.

Os alumnos, organizados en catro grupos, proxectarán a súa idea de negocio no restaurante á carta, asumindo a xestión integral do establecemento. A cada grupo foille asignada unha semana para a explotación. Os proxectos son os seguintes:

Appert

Nome do proxecto: Appert

Alumnos: Sergio Couto Villaverde, Catarina Fernández, Sergio Fernández, Alberto Gómez, Jorge Maciñeiras e Raúl Rodríguez.

Semana de execución: Do 20 ao 24 de febreiro

Descrición do proxecto: Cociña utilizando produtos en conserva. Todos os pratos terán algún ingrediente en conserva, xa sexa en lata, saladura...

Menú degustación: Cóctel de berberechos; macarons salgados; tosta de millo con sardiña; temaki de salmón; ovo, cogomelos e piparra; niño de perdiz; anguía e fabas; a nosa versión de lacón con grelos; mirabeles, mazá verde e lima; castaña, chocolate e prailiné.

 Facebook   

 

Vínculo

Nome do proxecto: Vínculo

Alumnos: Iván Barco, Raquel Branco, Adrián Igrexas, Alejandro Mansilla, Amaro Rivas e Antonio Rodríguez.

Semana de execución: Do 6 ao 10 de marzo

Descrición do proxecto: Pequeno restaurante cun ambiente desenfadado que respecta o produto de tempada. Combina pratos tradicionais estranxeiros cos auténticos sabores galegos.

Menú:

Viaxe curta: Hummus de callos; Siu Mai lacón con grelos ou niguri de choco na súa tinta; caldeirada de pescada ao curry ou churrasco BBQ; bica de té Matchat.
Viaxe longa: Humus de callos; Siu Mai lacón con grecos; tortilla mexicana; caldeirada de pescada ao curry; lingua de vaca; panceta á pekinesa; albariño e bica de té Matcha.

 Facebook 

mutare

Nome do proxecto: Mutare

Alumnos: Óscar Bugallo, Jerónimo Couceiro, Hugo López, Brais Pichel e María Villanueva.

Semana de execución: Do 20 ao 24 de Marzo

Descrición do proxecto: Restaurante de corte moderno e minimalista, centrando a total atención do cliente no prato e todo ambientado con música jazz.

Menú:

 Facebook 

 

 

 

paraná

Nome do proxecto: Paraná

Alumnos: Carmen Costas, Pablo Fernández, Samuel Alberto Figueira, Óscar Ferreiro, Daniel Xusto e Pablo Perelló.

Semana de execución: Do 3 ao 7 de abril.

Descrición do proxecto: Restaurante de cociña galega contemporánea con influencia da cociña suramericana co máximo respecto ao produto.

Menú:

 Facebook 

Vostede está aquí: Inicio Formación + Información de interese Proxectos de Diploma en Gastronomía