nwcshg

Xunta de Galicia

Os alumnos de 3º de Diploma de Xestión de Empresas Hoteleiras presentan o seu proxecto fin de carreira entre o 13 e o 18 de xuño

Violan y alumnos

En total preséntanse 14 proxectos durante catro días que se ubican nas comunidades autónomas da Rioxa e Murcia

Santiago, 3 de xuño. Os alumnos de último ano de Diploma Superior de Xestión Hoteleira entre o 13 e o 18 de xuño diante dunha comisión avaliadora que estará formada polos profesores de diferentes áreas, que serán os encargados de puntuar un traballo no que investiron moitas horas para a súa elaboración. Os proxectos presentados son 14: 

Hotel 4U

Proxecto: Hotel de 4 estrelas que ofrece servizos exclusivos ao swinger (persoa que realiza unha actividade sexual que se pode experimentar en parella).

Tipo de cliente: Swingers que buscan intercambios con outras parellas nun ambiente tranquilo, discreto e exclusivo.

Ubicación: Mazarrón (Murcia-España)

Artnedo

Proxecto: Hotel urbano de negocios, durante a semana, e cun ambiente máis familiar, as fins de semana.

Tipo de cliente: Queren atraer a xente de negocios ou adicados á industria zapteira. Pero para evitar perdas, as fins de semana e vacaciones, intentarán aloxar a parellas e familias que queiran desconectar e vivir novas experiencias.

Ubicación: Arnedo (A Rioxa-España)

Olivan Hotel

Proxecto: Situado nun entorno rural e con boas comunicacións, sitúase nun pobo deshabitado e rehabilitado. Queren buscar un entorno de evasión da rutina urbana e acercarse á vida rural. Boa opción para grandes eventos e congresos, grazas á súa cercanía a grandes núcleos de poboación.

Tipo de cliente: Segundo a época do ano e o momento da semana, diversifica o seu enfoque. No verán, o público xeral ten unha motivación vacacional e orientado á clase social media. As fins de semana, é óptimo para as escapadas de ocio, xeralmente en parella. Os días laborais, organízase para congresos, convencións e outras actividades.

Ubicación: Oliván-Robres del Castillo (A Rioxa-España)

Grao Mediterránea

Proxecto: Pretende combinar as actividades pesqueiras co clima mediterráneo, proporcionando unha estancia basada no relax e a desconexión cunha oferta gastronómica típica de Murcia. Contará con spa, organizarán actividades mariñas, tratamento de masaxes e unha piscina exterior de dúas alturas, provocando con elo unha fermosa cascada.

Tipo de cliente: Persoas entre 30 e 60 anos, que buscan desconectar da vida laboral e rutinaria e disfrutar da gastronomía murciana.

Ubicación: Águilas (Murcia-España)

Rustik-Ace

Proxecto: Hotel temático sobre o póker con actividades que xestiona a marca Pokerstars. Tranquilo, rural e moi luxoso, proporcionará ao cliente unha sensación de exclusividade e concentración que axude ao desenvolvemento intelectual dos xogadores durante a súa estancia. O cliente contará coa última e máis moderna tecnoloxía.

Tipo de cliente: Persoas de alto nivel adquisitivo, homes de mediana edad, cun elevado interese cultural e con experiencia no póker. De calquera parte do mundo, principalmente de Europa o Este, son empresarios que saben xestionar os seus recursos económicos de maneira perspicaz

Ubicación: Ezcaray (A Rioxa-España)

Sete Maravillas

Proxecto: Hotel de sol e praia de 4 estrelas só para parellas que buscan unhas vacacións románticas onde desconectar, relaxarse e disfrutar los atractivos turísticos da zona. O obxetivo é levar as 7 maravillas do mundo a un único lugar, caracterizando o hotel cos entornos ye costumes que as rodean.

Tipo de cliente: Parellas de adultos.

Ubicación: Cartaxena (Murcia-España)

No Limits Hotel

Proxecto: É un hotel orientado exclusivamente ao turismo accesible, o que xenera un novo punto de vista que beneficia ás empresas turísticas dun destino, creando un turismo de calidade e sustentable sen olvidar o sol e praia, ademáis de dispor de persoal cualificado para a atención deste segmento.

Tipo de cliente: Persoas discapacitadas física e psíquica, ademáis dos seus acompañantes.

Ubicación: Praia Honda-Cartaxena (Murcia-España)

Hotel Ío

Proxecto: Pretende cumprir cos soños dos hóspedes, apoiándose para elo nunha carta de soños (actividades clasificadas por categorías). O deseño rompe coa arquitectura habitual (forma cilíndrica e de cor branco) e é innovador, pero sinxelo. Evita o turismo do IMSERSO.

Tipo de cliente: Maiores de 55 anos, cansados da rutina, que queren romper con ela e que buscan novas experiencias. Non existe estacionalidade.

Ubicación: Arnedo (A Rioxa-España)

Equus Vinea Hotel & Spa

Proxecto: Hotel ubicado en La Grajera, unha zona verde próxima a Logroño. Venderá viños incluidos na DOC A Rioxa e que pretende ofrecer aos clientes como é o proceso de elaboración en adega coa visita as máis punteiras da zona. Contarán con spa, hípica y rutas guiadas

Tipo de cliente: Procedente de España, con poder adquisitivo medio-alto, aficionado ao viño, con inquedanzas gastronómicas e amantes la natureza.

Ubicación: La Grajera, Logroño (A Rioxa-España)

Hotel 6th Murcia

Proxecto: Hotel de máximo confort e relajación baseado na ideoloxía Feng Shui. Usarán diversas técnicas como a cromoterapia, aromaterapia e musicoterapia, para estimular os sentidos dos clientes creando unha atmósfera de enerxía positiva vinculada á armonía e equilibrio. Coa oferta complementaria do hotel, aportará unha extrema sensación de benestar e satisfacción en todos os hóspedes.

Tipo de cliente: Persoas de idade media, a partir de 35 anos. Perfecto para xente que necesite tomarse uns días de descanso, para olvidar os agobios do traballo e do día a día.

Ubicación: Calabardina-Águilas (Murcia-España)

Hotel Cinco Sentidos

Proxecto: Hotel ubicado nos viñedos da Rioxa que ofrece unha experiencia única a través dos cinco sentidos.

Tipo de cliente: Parellas de máis de 40 anos, independentes, cansado do estrés da cidade e que queira facer unha escapada a un lugar con encanto. Poder adquisitivo medio-alto que busca calidade, servizo e trato cercano e amante do viño e a gastronomía.

Ubicación: Haro (A Rioxa-España)

Hotel Entrevides

Proxecto: Hotel Parador situado en Sojuela, a escasos metros do campo de golf e con spa, e que aproveita a viticultura, a micoloxía, a gastronomía e o ocio, xunto a natureza, como atractivos.

Tipo de cliente: Persoas a partir de 30 anos, cun poder adquisitivo medio-alto que buscan a tranquilidade e escapismo que proporcionan tanto a natureza como as diferentes actividades que ofrece o establecemento. Persoas intersadas no golf, a caza, etc.

Ubicación: Sojuela (A Rioxa-España)

Malvasía

Proxecto: É un hotel boutique de 35 cuartos, que se diferencia polo deseño, a tecnoloxía, a sustentabilidade e o servizo. Non é un hotel de 5 estrelas, pero terá un servizo de alta restauración. Usarán produtos de primeira calidade no viño, as carnes e os produtos da horta.

Tipo de cliente: É un cliente de negocios, de entre 30 e 60 anos, enfocados ao viño, o turismo activo e de aventura e para fin de semana e vacaciones curtas. Tamén para parellas.

Ubicación: Haro (A Rioxa-España)

Hotel Studio

Proxecto: O hotel abarca dous ambientes: unha zona de vilas adicadas a bandas musicais para gravar un disco, videoclip ou facer a promoción que contan con cociña, piscina, ximnasio…e un aloxamento adicado aos apaixonados da música. A maiores disporá de servizos como sala de recreativos, piscina, ximnasio, discoteca, lobby bar e restaurante carta.

Tipo de cliente: Bandas musicais, así como todo o equipo de produción, acompañantes, técnicos e apaixonados da música.

Ubicación: Cartaxena (Murcia-España)

Vostede está aquí: Inicio Formación + Información de interese Proxectos de Diploma