nwcshg

Xunta de Galicia

I FORO HOTELERO DE TURISMO DE GALICIA #HOTELFORUMCSHG

Coincidindo co Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento, o CSHG presenta o #HOTELFORUM17, un foro orientado a hostaleiros no que se darán cita profesionais expertos en dous temas principais: O Revenue Management e a Sustentabilidade hostaleira.

Actualmente, a tecnoloxía alíñase coas necesidades que teñen os hoteis e o territorio do que forman parte. En Galicia, moitos destinos aspiran a ser un destino intelixente, os hoteis xa dispoñen de ferramentas tecnolóxicas que permiten formar parte dun destino de forma máis eficiente.

Programa

 FERRAMIENTAS DE REVENUE MANAGEMENT APLICADAS A NOVA COMERCIALIZACIÓN

Os hostaleiros enfróntanse a distintos segmentos de clientes que acoden aos seus establecementos con sensibilidades ao prezo diferentes, que acceden ao hotel a través de diferentes dispositivos e canles. Con frecuencia o hostaleiro ten a sensación de que as oportunidades parecen esconderse nunha maraña de datos, condicións, prezos e intermediarios.

¿Existe algunha forma de predicir as reservas de forma segmentada que me chegarán para unha data determinada? ¿cal é o límite máximo de habitacións quedebo vender ás tarifas máis económicas? ¿a qué prezo está a venderse no mercado? ¿cal é a ocupación que conseguen os meus competidores a ese prezo?

Interveñen:

#Javier Serrano - STR Global “A revolución do Revenue con STR”
#David Madrigal – Paraty Tech “Quen é quen na fixación de tarifas dos establecimientos hoteleros”
#Diego Fernández – Palladium Hotel Group “Estratéxia de Revenue Management en Palladium”

A IMPLANTACIÓN DA SUSTENTABILIDADE NOS HOTEIS

Un dos ámbitos nos que se traballará o ano Internacional do turismo sustentable para o desenvolvemento, é o uso eficiente dos recursos, protección ambiental e cambio climático. Os hoteis, debido ao elevado consumo de recursos enerxéticos e naturais dispón de oportunidades para facer un turismo máis sustentable.

A xestión e explotación dun hotel implica un impacto sobre a contorna, producido por unha banda polo consumo de recursos naturais (auga, enerxía etc.) e pola xeración de emisións de gases e residuos. A xestión eficiente do hotel para minimizar este impacto debe ser un dos obxectivos de todos os responsables, facendo cambios que permitan accións respectuosas co medio natural, socialmente xustas e economicamente viables

Interveñen

#Coralia Pino – Instituto Técnico Hotelero (ITH) “Oportunidades para a reducción do custo enerxético nos hoteis”
#Jesús Rodríguez – Horwath HTL “Estratéxia de Sustentabilidade nunha Cadena Hoteleira”
#Saleta González – Equilatero Consultores “Recomendacións para definir o protocolo de sustentabilidade do meu hotel”

 

AS TITORIAS DO CSHG “O profesor responde” 

Actividades a elexir entre os asistentes, co obxectivo de coñecer máis de preto as nosas instalacións e os nosos profesores. Poderá conversar cos nosos profesores con máis de 20 anos de experiencia en hoteleria a través das diferentes tutorías que están previstas:

-Tutoría 1: “Inversión e financiación: como valorar novos proxectos e obter financiación alternativa” – #José Luis Sieira
-Tutoría 2: “A nova clasificación de Hoteis en Galicia: unha aposta polos servizos” – #José Sánchez
-Tutoría 3: “O persoal do meu Hotel: atracción e retención de talento” – #Andrés Rumbo
-Tutoría 4: “As 4 ferramentas esenciais para comezar a practicar o Revenue Management nun hotel” – #Andrés Nieto

 

CONFERENCIA: “Neuromarketing: traballando impresións e percepcións nos nosos hoteis”

Intervén #Santiago Martínez Suárez Consultor internacional en comunicación política e empresarial.

 

Vostede está aquí: Inicio Formación continua HOTELFORUM 2017