nwcshg

Xunta de Galicia

Historia

historia

O proxecto do Centro Superior de Hostelería de Galicia iníciase en 1993 como resposta a unha demanda do sector turístico que tiña necesidade de xestores e directivos para as súas empresas. Ante tal necesidade, a Xunta de Galicia apostou polo desenvolvemento dun proxecto ambicioso para formar a eses futuros profesionais a través da empresa responsable da promoción turística da rexión, Turgalicia, S.A. Hoxe forma parte da Axencia de Turismo de Galicia.

Para a ubicación do Centro, a administración autonómica elexiu as instalacións da Barcia, un entorno natural e tranquilo, con zonas verdes e instalacións deportivas, que permiten complementar as actividades académicas dos alumnos.

Tratábase de crear unha escola de gran prestixio, cos mellores recursos e a metodoloxía máis eficiente. Para iso, obtívose a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC), con máis de 500 anos de historia, e de L´École Hôtelière de Lausanne (EHL). A escola suiza deseñou o plan de estudos, a metodoloxía dos cursos, a construción e distribución das aulas e a selección de persoal formativo especializado.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia oferta dúas titulacións:

  • Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña.
Vostede está aquí: Inicio CSHG Historia