nwcshg

Xunta de Galicia

70 alumnos de dirección hoteleira e cociña do CSHG gradúan este venres na Cidade da Cultura de Santiago

 
O acto celébrase ás 12:30 coa participación do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
 
Santiago de Compostela, 20 de maio. Os 60 alumnos de dirección hostaleira e 10 de Gastronomía se  gradúan nun acto que se celebra o venres, día 25 de maio, no Museo Centro  Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Está previsto que participen representantes do goberno galego e da Universidade de Compostela (USC), ademais de máis de 150 familiares, profesores e persoal do Centro Superior de Hostalería de Galicia ( CSHG). 
 
É a V promoción de Diploma Superior de Xestión Hostaleira e a III de Gastronomía e Xestión en Cociña a que acaba os seus estudos no  CSHG. E faio en en evento onde todo o claustro de profesores e traballadores do Centro Superior de Hostalería de Galicia queren homenaxealos e agradecer aos pais e familiares a súa aposta pola formación de calidade e prestixio da escola. 
 
Ademais da entrega de diplomas acreditativos, un alumno, elixido polos seus propios compañeiros, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, lerán discursos nun acto que finalizará cun coctail. 
Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas 70 alumnos de dirección hoteleira e cociña do CSHG gradúan este venres na Cidade da Cultura de Santiago