nwcshg

Xunta de Galicia

Aberto o prazo ata o 11 de setembro para solicitar 21 bolsas de dirección hoteleira e xestión en cociña

Se quedan axudas vacantes repartiranse entre os alumnos actuais que as soliciten antes desa data.
 
Santiago, 12 de agosto de 2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar a resolución (picar aquí) pola que se reparten 21 bolsas para estudar o próximo curso no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG). As axudas pódense solicitar desde hoxe e ata o 11 de setembro e as solicitudes pódense presentar de forma telemática na Xunta de Galicia, a través dun rexistro oficial ou por correo postal. As bolsas son as seguintes:
 
a) 6 bolsas que cobren o 80% da matrícula ordinaria no Diploma Superior en Xestión Hostaleira.
 
b) 12 bolsas que cobren o 50% da matrícula ordinaria no Diploma Superior en Xestión Hostaleira.
 
c) 3 bolsas que cobren o 50% da matrícula ordinaria no Diploma en Gastronomía e Xestión en Cociña.
 
Poden presentar a solicitude o alumnado que  reuna os requisitos académicos e económicos recolleitos na resolución e fixesen a reserva de praza nalgunha das titulacións. No caso do Diploma en Xestión Hostaleira, superar a  EBAU ou un ciclo formativo superior e no caso do Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña, finalizar o bacharelato ou un ciclo formativo superior. 
 
No caso de que non se outorgue a totalidade das bolsas, repartiranse entre o alumnado do resto de cursos, sempre que  reunan os requisitos establecidos e presenten a solicitude en prazo.
Vostede está aquí: Inicio CSHG Novas Aberto o prazo ata o 11 de setembro para solicitar 21 bolsas de dirección hoteleira e xestión en cociña