nwcshg

Xunta de Galicia

A nosa organización

 logoCSHG p    galicia  logo USC 

Centro Superior de Hostelería de Galicia está integrado na Axencia de Turismo de Galicia, que lle dá a súa personalidade xurídica. A Axencia de Turismo de Galicia é un órgano dependente da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. .

A estrutura orgánica do Centro Superior de Hostelería de Galicia:

Dirección do CSHG

Organiza, coordina e controla o conxunto de actividades do Centro e cuenta coa colaboración dun subdirector.

  • Explotación e Stages: responsable da coordinación e organización das prácticas en empresas e explotación interna do Centro..

Coordinación Académica

Supervisa e coordina toda a actividade docente, ademáis de ofrecer apoio pedagóxico aos alumnos.

Departamento de Stages

Coordina e organiza as prácticas dos alumnos nos establecementos hoteleiros e turísticos. Todos os anos ofrece prácticas a 400 alumnos nos cinco continentes e fai un seguimento personalizado de cada un.

Claustro de profesorado

É o órgano docente que aglutina aos máis de 40 profesores do CSHG que determina os progresos de cada un dos alumnos ao longo do seu periplo formativo. Os docentes elaboran e desenvolven os programas e contidos das materias e avalían aos alumnos, procesos que controla o claustro.


O profesorado, pola súa vez, está agrupado en departamentos docentes representando as grandes áreas de coñecemento: Servizos, Cociña, Aloxamento, Idiomas, Informática, Marketing e Calidade, Administración de Empresas e Recursos Humanos.

Departamento de Marketing

Encárgase da imaxe corporativa e da promoción do CSHG de forma interna e de cara ao exterior, representando á institución en escenarios nacionais e internacionais.

Consultoría & Formación

Aproveitando a experiencia dos profesionais docentes, o CSHG ofrece asesoramento técnico e servizos a empresas do sector e a institucións.

Vostede está aquí: Inicio CSHG A nosa organización