nwcshg

Xunta de Galicia

Quen somos

O CSHG (Centro Superior de Hostelería de Galicia) é un centro de ensinanza superior que forma directivos hostaleiros e xestores en cociña cunha metodoloxía moderna e eficaz, coa que o alumnado pode acadar os máis altos niveis de profesionalidade activa na súa futura profesión.

A importancia estratéxica do turismo en Galicia e a necesidade de contar con directivos especializados en xestión hoteleira foron os motivos que levaron ao gobierno galego a decidir a creación do Centro Superior de Hostelería de Galicia en 1993. Dous anos máis tarde, poríase en marcha o primeiro curso académico.

Desde 1995, ano en que se puxo en marcha o primeiro curso de Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras, o CSHG formou a 2.000 directivos que desenvolven o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo.

Vostede está aquí: Inicio CSHG Quen somos