nwcshg

Xunta de Galicia

Por que a hostelería?

O turismo é un fenómeno económico de importancia estratéxica crecente na economía mundial. Os case 1.035 millóns de desprazamentos de turistas no 2012 converteranse, segundo as previsións da Organización Mundial de Turismo, en 1.600 millóns en 2020. Será entón cando se converta na primeira actividade económica no mundo.

grupo de traballo

España non é allea a este crecemento. Desde mediados dos sesenta, é un destino turístico de primeira orde. Hoxe é o cuarto país que máis turistas recibe no mundo, casi á par con China que ocupa o terceiro posto, e por detrás de Francia e EEUU. No 2012, perto de 57,7 millóns de persoas visitaron o país. Xera 2,5 millóns de empregos, o 15,7% no sector servizos. É o 11,8% do Producto Interior Bruto (PIB). Son datos do Instituto de Estudios Turísticos (IET) que reflicten o gran esforzo que o sector turístico español fai para ofrecer bos e diversificados servizos e produtos turísticos.

 

O sector hosteleiro debe ser máis competitivo e global ao atender aos cambios sociolóxicos e novos hábitos de vida da Sociedade e contribuír ao crecemento económico do país. Numerosas cadeas apostaron pola internacionalización, estando presentes en países de Asia, América e África, onde se convertiron en referentes do sector turístico.

 

O sector está vivindo unha importante transformación nos últimos anos debido a procesos de concentración empresarial, ao crecemento das marcas consolidadas mediante a creación de franquicias, á internacionalización ou á entrada de investidores estranxeiros, que achegan unha serie de cambios que fan que a empresa necesite información máis actualizada e mellores profesionais.

O CSHG é consciente tanto desta transformación como do proceso de internacionalización. Xa que logo, a súa misión é clara e obxectiva: a achega de profesionais cualificados que respondan eficazmente á demanda do sector.

Vostede está aquí: Inicio Sector Por que a hostalería?